ANPA San Miguel · CEIP de Marcón

Facemos comunidade arredor do cole.

Somos familias que colaboramos para facer posibles actividades e apoiar a vida do noso cole.

Ilustración do CEIP de Marcón, coa súa fachada clara, ventás azuis e árbores arredor.
O noso punto de encontro.Marcón · Pontevedra

Para ter á man

Calendario

Eventos, actividades e festivos. Todo o que vén, nun mesmo lugar.

Engadir ao meu calendario

Subscríbete para recibir os cambios no teu calendario.

Próximos eventos

2026-2027

Cargando eventos…

    Abrir calendario completo

    Familias que suman

    Que facemos?

    Facer comunidade é poñer ideas e esforzos en común para mellorar a vida no cole.

    Festas e tradicións

    Samaín, Entroido, Cucañas e festa de fin de curso: organizamos actividades e festas para compartir en familia.

    Excursións e encontros

    Promovemos saídas e encontros para descubrir, convivir e facer comunidade máis alá das aulas.

    Comedor escolar

    A ANPA fai posible servizos como o comedor escolar, que acompañan ás familias e facilitan a conciliación.

    Extraescolares para crecer

    Ofertamos actividades que facilitan a conciliación e fomentan a aprendizaxe, a creatividade, a convivencia e os valores.

    Melloramos o cole

    Apoiamos propostas do centro e impulsamos iniciativas e melloras para que, entre todas, o noso cole siga medrando.

    A voz das familias

    Somos unha vía para trasladar propostas e necesidades ao colexio, dialogar e buscar solucións compartidas.

    Tamén facilitamos o seguro escolar complementario da ANPA. As actividades de cada curso vanse concretando ao longo do ano.

    Despois das aulas · 2026-2027

    Actividades extraescolares

    Idiomas, deporte, música, baile, cociña, creatividade e teatro. Consulta todas as actividades, idades e horarios.

    Fin de inscricións

    Inicio das actividades

    Prazas limitadas · É imprescindible ser socio/a da ANPA.

    Ver todas as extraescolares

    Forma parte

    Asóciate á ANPA

    Cantas máis familias, máis cousas podemos facer.

    Quero asociarme

    Cada man conta

    Queres botar unha man?

    Unha idea, unha actividade ou un pouco do teu tempo.

    Quero colaborar

    Estamos preto

    Fala coa ANPA

    Para dúbidas, ideas ou o que necesites.

    Tamén nas redes

    Síguenos en Instagram

    Novidades, actividades e pequenos momentos da vida da ANPA.

    Seguir en Instagram