← Volver á portada

ANPA Marcón · Curso 2026-2027

Actividades extraescolares

Fin de inscricións

Inicio das actividades

Solicitar actividades extraescolares

PRAZAS LIMITADAS! · IMPRESCINDIBLE SER SOCIO/A DA ANPA

LUNS

INGLÉS TRINITY (de 6 a 12 anos)

Iniciación e preparación para os exames de Trinity College London, con enfoque na comunicación oral e na confianza no idioma.

  • Horario: 16:30 a 18:00
  • Idade: de 6 a 12 anos
  • Mínimo 10 nenos/as (PREZO 20€)

BAILE MODERNO

Mediante os exercicios realizados en baile, aeróbic, batuka ou ballet favorécese a coordinación do corpo coa música ao mesmo tempo que se estimulan as aptitudes imaxinativas e creadoras.

  • Horario: 16:30 a 17:30
  • Idade: de 3 a 12 anos
  • Mínimo 10 nenos/as (PREZO 16€)

MARTES

FÚTBOL SALA

Achega os máis pequenos ao fútbol sala introducindo conceptos básicos do deporte nun contexto de xogo e diversión.

  • Horario: 16:30 a 17:30
  • Idade: a partir de 4 anos
  • Xestionado por Marcón C.F.

INGLÉS LÚDICO (de 3 a 6 anos)

Iniciación e desenvolvemento do idioma a través de xogos, cancións e outros exercicios lúdicos adaptados ás idades do alumnado.

  • Horario: 16:30 a 17:30
  • Idade: de 3 a 6 anos
  • Mínimo 10 nenos/as (PREZO 16€)

ROBÓTICA EDUCATIVA

Aprenden xogando: constrúen, programan e dan vida ás súas propias creacións mentres desenvolven o pensamento lóxico e a creatividade.

  • Horario: 16:30 a 18:00
  • Idade: de 6 a 12 anos
  • Mínimo 10 nenos/as (PREZO 25€)
  • Material incluído

MÉRCORES

OBRADOIRO DE COCIÑA

Os nenos e nenas non só aprenden a preparar pratos deliciosos; desenvolven a súa autonomía, descobren a importancia da alimentación saudable e melloran a súa paciencia e creatividade.

  • Horario: 16:30 a 18:00
  • Idade: de 3 a 12 anos
  • Mínimo 10 nenos/as (PREZO 23€)
  • Material incluído

MÚSICA EN MOVEMENTO

A través de cancións, xogos rítmicos e actividades musicais, os nenos e nenas desenvolven a súa sensibilidade auditiva e creatividade.

  • Horario: 16:30 a 17:30
  • Idade: de 6 a 12 anos
  • Mínimo 10 nenos/as (PREZO 16€)

XOVES

FÚTBOL SALA

Achega os máis pequenos ao fútbol sala introducindo conceptos básicos do deporte nun contexto de xogo e diversión.

  • Horario: 16:30 a 17:30
  • Idade: a partir de 4 anos
  • Xestionado por Marcón C.F.

OBRADOIRO CREATIVO

No noso obradoiro os nenos e nenas exploran o mundo de forma totalmente lúdica, transformando materiais simples en auténticas obras de arte, o que fomenta a súa autonomía e creatividade.

  • Horario: 16:30 a 18:00
  • Idade: de 3 a 12 anos
  • Mínimo 10 nenos/as (PREZO 23€)
  • Material incluído

BALONMÁN (de 8 a 12 anos) (de 3º a 6º)

Iniciación á práctica do balonmán.

  • Horario: 16:30 a 17:30
  • Idade: de 8 a 12 anos (de 3º a 6º)
  • Xestionado por S.D. Teucro

VENRES

MULTIDEPORTE

Moito máis ca un deporte!!! A actividade de multideporte ofrece unha contorna lúdica e dinámica onde o alumnado explora diferentes disciplinas físicas a través do xogo. Este enfoque divertido potencia o desenvolvemento psicomotor e sociomotor dos nenos e nenas, a coordinación xeral, a axilidade, o compañeirismo e a motivación.

  • Horario: 16:30 a 17:30
  • Idade: de 3 a 12 anos
  • Mínimo 10 nenos/as (PREZO 16€)

TEATRO

A través do xogo dramático, os nenos e nenas desenvolven a súa expresión verbal e corporal, a creatividade, a empatía e a confianza en si mesmos, mentres se divirten interpretando personaxes.

  • Horario: 16:30 a 17:30
  • Idade: de 3 a 12 anos
  • Mínimo 10 nenos/as (PREZO 16€)

ATLETISMO

Iniciación ao atletismo mellorando a coordinación, a resistencia, a velocidade e o traballo en equipo.

  • Horario: 16:30 a 17:30
  • Idade: de 6 a 12 anos
  • Xestionado por Club de Atletismo Rías Baixas

TODAS AS ACTIVIDADES IMPARTIRANSE NO COLEXIO "CEIP DE MARCÓN".

FÚTBOL SALA, ATLETISMO E BALONMÁN IMPARTIRANSE NO PAVILLÓN MONTE CARRASCO.

Ata o 18 de setembro de 2026

Solicitar actividades extraescolares

Para solicitar praza, cobre o formulario de inscrición indicando os datos do alumno/a, o curso e as actividades escollidas.

É imprescindible ser socio/a da ANPA. Consulta como asociarte.